3/27/2008

Cando morre a verdade

Ía frío a aquelas horas da noite. Xurxo intuía máis que sabía o camiño e o pobre alumeo tatexante dos farois non axudaba en absoluto. Camiñaba con cautela, vixiando onde puña o pé para non rematar apertando os toxos que abafaban á gabia da súa esquerda. As poucas casas que se erguían á beira do camiño estaban afundidas na escuridade. Botou unha ollada ao seu reloxo. Eran as dúas da madrugada. A viruxe gañou en intensidade e Xurxo subiuse o colo da súa chaqueta de pana. Aproveitou que xa tiña as mans fóra do peto quentiño para sacar un cigarro. Ao segundo intento, o chisqueiro accedeu a traballar. A chama crepitante axudou a desarrefecer os seus entumecidos beizos. O tabaco renxeu coa primeira calada. Unha calada longa e profunda. Foi entón cando se deu conta que a súa man tremía. E non era cousa do frío.



Máis información para o 17 de Maio, Día das Letras Galegas!!!

3/12/2008

De Chikilucuatres, Zapateros e Paiasos

Xa o dixen fai cinco anos. No video promocional de Rosa "de España" saía o singular personaxe de Alf Poier, artista astriaco, competidor dela en Eurovisión. O slogan era algo así como "con esta competencia, la victoria está asegurada".

Alf Poier quedou de terceiro. Rosa de España, sexta.

A actuación do astriaco non tivo pérdida:





O ano pasado levaron ás Ketchup. Houbo que pagarlles. Ademáis, non escatimaron en gastos: o caché do estilista, do modista que as vestiu, do coreógrafo e do señor que "escribiu" a canción eran o suficientemente alto como para poder supor sen medo que os cartos pagados foron bastantes. Quedaron no posto vixésimo primeiro, cos votos de Albania e Andorra. O que se di unha inversión sobre seguro...

Este ano elixiron ao ChikiChiki. Pois a min paréceme de puta nai. A ver se nos damos conta dunha santa vez que Eurovisión é un concurso de paiasos, que poucos dos que van alí son artistas (como moito, cantantes de karaoke) e que non desentona nada mandar un paiaso. E digo máis, para que conste en acta, estoy convencido de que queda dentro dos seis primeiros. Xa veredes.

E falando de paiasos, o mundial de MotoGP deu comezo o anterior fin de semana. E o maior paiaso que pisou este deporte en moitos anos, alias Jorge Lorenzo, quedou en segundo lugar. Moi ben. Noraboa. Magoa que agora estea enfurruñado porque Pedrosa non o foi felicitar. Pareceralle normal, despois de pasarse catro anos soltando merda por esa boquiña contra o rapaz, que agora vaia cunha sonrisa na cara a estrecharlle a man. E xa foi educado. Outros lle escupirían.

Por certo, Pedrosa quedou terceiro. Despois de mancarse na man, pasarase o 75% da pretemporada no hospital, sen evolucionar nin probar a moto. Se que o que vale, vale. E os outros, a comerse os mocos.

Como se os comeu Rajoy nas eleccións xerais celebradas este último domingo. Un resultado bó, dadas as circunstancias. O BNG foi un dos poucos partidos nacionalistas do estado que aumentou en número de votos. Tendo en conta que a participación en Galiza descendeu dous puntos con respecto a fai catro anos, que neste ano foi doce puntos inferior á media estatal, e que a campaña foi totalmente encamiñada cara o bipartidismo (senón que llo pregunten a IU) non é un mal resultado.

E nada máis, pequenos e escasos lectores. A ver se firmamos un pouco máis, que estou comezando a coller complexo de autista ;)

3/06/2008

Cadeliño, cadeliño...


Cadeliño, cadeliño. Xa van tres anos que non paseas polas rúas. Lembraraste do camiño?

Trocou o escenario. Trocaron os actores. Non trocou o esprito.